O Instituto Xeográfico Nacional publicou o novo Atlas Nacional de España.
A obra recompila mapas actualizados sobre o medio natural, a poboación e a sociedade españolas, as súas actividades produtivas e económicas, equipamentos, transportes, estrutura territorial e paisaxe, entre outros.
Trátase polo tanto dunha obra importante, pois permite consultar arredor de 1.200 elementos gráficos (dos cales máis de 800 son mapas) e comprender mellor a realidade xeográfica, histórica, social, económica, natural e ambiental.
O Atlas, titulado "España en mapas. Una síntesis geográfica", pode descargarse dende o web do Instituto ou, se o prefires, clicando sobre a portada que aparece reproducida á esquerda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario