31 de outubro de 2016

Visita a Alvarella e ás Fragas do Eume


Saímos do instituto ás 8:30. Estaba moi nerviosa pola nova experiencia cos meus amigos e amigas. O camiño fíxose breve. Cando chegamos, vimos que era un lugar encantador e sobre todo moi natural. Presentáronnos aos monitores, Juanjo e Antía, e déronnos as chaves das habitacións. Non era como me esperaba para nada.
Organizámonos nas habitacións, fomos ao comedor, déronnos unha charla de consumo responsable e bioconstrución e logo comemos. A comida estaba boísima. Máis tarde, despois de comer, tivemos moito tempo libre ata que fomos practicar orientación polo bosque. Cando acabamos, déronnos un bocadillo de nocilla e unha mandarina. Ao rematar de merendar fixemos un deporte chamado "slackline" que ao principio daba medo pero logo resultou divertido. Fixemos un anaco tiro con arco e fomos a ducharnos.
Ao rematar a cea fixemos unha velada cun xogo e ás 00:15 fomos para as habitacións, aínda que a penas dormimos unha hora.
Ao levantarnos, fixemos as maletas e almorzamos leite, torradas, galletas e zume.
Despedímonos de Alvarella e puxémonos en marcha cara as fragas do Eume. Fixemos unha longa camiñada, parando para xantar, e tamén visitamos o mosteiro de Caaveiro.
Foi xenial, paseino moi ben e espero volver pronto a disfrutar de Alvarella máis días.

Laura Fernández Soto - 2º A
_______
Invitámoste a visitar o álbum fotográfico que elaboramos para lembrar este acontecemento e a ler as crónicas que desta actividade elaboraron @s nos@s reporteir@s.

Ningún comentario: