O pasado 17 de outubro celebrouse por vez primeira o Día das Escritoras, unha conme- moración que nace para facer visible o traballo das mulleres na literatura e reivindicar o seu labor.
A iniciativa para esta celebración parte da Biblioteca Nacional de España, xunto coa FEDEPE (Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesio- nais e Empresarias) e a aso- ciación Clásicas e Modernas
(asociación para a igualdade de xénero na cultura).
No transcurso da xornada celebráronse diversas actividades en diferentes institucións culturais e nós, pola nosa parte, sumámonos publicitándoo por medio do cartel que acompaña estas liñas.
Longa vida ao Día das Escritoras!
Ningún comentario:
Publicar un comentario