Pasamos a maior parte da nosa vida aprendendo cousas novas, mais non todos aprendemos da mesma maneira. Cada persoa pode ter un xeito diferente de percibir o mundo e un estilo de aprendizaxe diferente. A escola é coñecedora deste feito e por iso moitas veces dá algúns consellos que pretenden mellorar a aprendizaxe: as chamadas técnicas de estudo. Con todo, se coñecésemos o estilo de aprendizaxe de cadaquén e as súas características, probablemente poderiamos potenciar as nosas aprendizaxes.
Le agora con atención a infografía que insertamos a continuación. Que tipo de alumno ou alumna cres que es ti? Cal cres que sería o teu estilo de aprendizaxe? Que poderías facer para mellorar o teu potencial?
As infografías proceden do blog Lendo.org, do profesor André Gazola.
A versión en galego foi realizada por Arca Alexandrina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario