Patria, Dedé e Minerva Mirabal |
Desde o ano 1981, en Amé- rica Latina con- memórase ca- da 25 de no- vembro o Día contra a vio- lencia de xéne- ro, lembrando ás dominicanas Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, tres irmás asasinadas o 25 de novembro de 1960 por orde do dictador Rafael Leónidas Trujillo,
do cal eran opositoras. En 1999, a ONU sumouse á xornada reivindicativa e declarou cada 25 de novembro Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, en honor ás irmás Mirabal.
Para a celebración deste 25 de novembro, varios departamentos do IES de Oroso realizaron diversas actividades co noso alumnado e decoraron as paredes da entrada cos diferentes materiais elaborados.
A Biblioteca escolar, pola súa parte, contribuíu coa elaboración dun enorme cartel no que se expresa o horror que supón a violencia contra a muller por medio dunha versión da obra de Edvard Munch El grito.
Visita o noso centro, e tamén a Biblioteca, se queres gozar de todo isto a tamaño natural!
(E se non nos podes visitar, sempre podes ver un grupo de fotos na web do noso instituto).
_______
Fonte da fotografía das irmás Mirabal: diario El País.
Ningún comentario:
Publicar un comentario