Fonte da imaxe: versión impresa do suplemento xornalístico XLSemanal |
Un dos descubrimentos da física no pasado século XX foi que a materia é discontínua. E, coa teoría da relatividade, descubriuse que a materia e a enerxía son equivalentes, polo que tamén a enerxía é discontínua.
Sorprendentemente,
no terreo da percepción humana tamén se descubriu a discontinuidade:
percibimos a realidade en fragmentos. Con estes fragmentos, o cerebro
realiza un traballo de reconstrución e interpretación,
de tal maneira que a nosa impresión final sobre o mundo é sentilo como
unha globalidade, un todo. Un dos exemplos máis claros desta realidade
son os estudios sobre cómic do norteamericano Scott McCloud,
quen demostra que unha historia narrada en BD é construída polo cerebro
interpretando o que ocorre no espazo en branco que existe entre as
viñetas.
Como percibe o cerebro as letras, as sílabas, as palabras...
mentres lemos? Esta pregunta ten suscitado intensos debates
relacionados co xeito de ensinar a ler: son máis eficaces os métodos
silábicos ou os globais? É mellor que a palabra escrita se pareza foneticamente á palabra falada ou non? Enténdense melllor os alfabetos baseados en pictogramas como o xaponés ou o exipcio?
O certo é que as persoas, cando lemos, non lemos de forma silábica senón que percibimos a globalidade de cada palabra e incluso de varias palabras. Esta é a razón pola cal nalgún texto, como o spot publicitario que presentamos, xógase ao cambio de lugar das letras, sen que iso supoña que o lector deixe de entendelo: a primeira impresión é de choque ao notar alterada a forma coñecida da palabra, pero o cerebro en seguida realiza o seu traballo de reconstrución e permite captar o sentido do texto.
Por se queredes facer a proba, hai textos de varios tipos circulando polas redes sociais desafiándonos para que tentemos entendelos. Insertamos un a continuación, por se non vos apetece poñervos a buscalos... e que teñas sorte!

Ningún comentario:
Publicar un comentario