Para a maioría das
persoas, o día 14 de febreiro de cada ano é un día para celebrar o amor e a
amizade, unha data para agasallar a persoa amada e manifestarlle aprecio. Ese
mesmo día tamén se celebra a onomástica de San Valentín, mais... Por que se
asocia San Valentín ao Día dos Namorados?
A relación entre o
amor e San Valentín aparece por primeira vez nun libro de 1382 escrito polo poeta inglés Geoffrey Chaucer (considerado o pai da literatura inglesa) e titulado Parlement of foules (Parlamento
dos paxaros), no que aparecen estes versos:
"Pois isto sucedeu o día de San Valentín,no que todo paxaro escolle compañeira"
Quen foi este San
Valentín do que fala Geoffrey? Non se sabe certamente, pois houbo varios
mártires chamados Valentín. Un libro do século XIII (un auténtico best-seller para esa época) titulado Legenda
aurea (A lenda dourada) menciona a San Valentín como un sacerdote
romano que foi executado por ser cristián. Mais un bispo da cidade de Terni, chamado
así mesmo Valentín, foi tamén executado no ano 273...
O que sí é certo é que o
Papa Xelasio I estableceu no ano 496 o 14 de febreiro como día de San Valentín.
O deus Cupido nun spot actual |
Unha das lendas
máis coñecidas conta que este santo era un sacerdote que viviu en Roma no
século III. Nesa época, o emperador Claudio II decidiu prohibir a celebración
de matrimonios porque os mozos casados eran peores soldados. San Valentín, sen
obedecer a orde, celebraba matrimonios clandestinos entre mozos namorados. E
por esta razón foi executado o 14 de febreiro do ano 270.
Non deixa de ser
casualidade, mais o 14 de febreiro do ano 1969, o Papa Paulo VI promulgou o Calendarium
Romanum Generale, no que San Valentín desaparece do calendario
litúrxico debido precisamente á orixe incerta das lendas que o rodean.
O caso é que Geoffrey
Chaucer asocia a celebración do San Valentín coa metade do inverno, a época do
ano na que se sente no aire o abrollar da primavera e a volta da luz e da
fertilidade. Uns días antes, concretamente o día 2, celébrase tamén a festa da
luz, a Candeloria. Pola candeloria medio inverno vai fóra, di un refrán popular. E
outro di: A partir da candeloria, ningunha ave voa soa...
Ou, como dixo o poeta Amado Carballo:
“Na
catedral do abrente
oxe
cásans’os paxaros,
con
nubens de neve e ouro
está o
ceo galanado (...)”
O casamento dos
paxaros significa o retorno dos cortexos e do renacer primaveral. E sendo así, non sería máis lóxico
que o día do amor romántico fose para nós o 2 de febreiro?
__________
Nota Final: se por ventura o que en realidade sintes é a necesidade de expresar desamor, hai tamén para iso magníficos exemplos no mundo da música, entre eles esta canción cantada por Celly Campelo e titulada Estúpido Cupido:
__________
Nota Final: se por ventura o que en realidade sintes é a necesidade de expresar desamor, hai tamén para iso magníficos exemplos no mundo da música, entre eles esta canción cantada por Celly Campelo e titulada Estúpido Cupido:
___________________________________________________________________________________________
Fontes utilizadas:
Wikipedia, la enciclopedia libre: Día de San Valentín
YouBioit: La verdadera historia del Día de San Valentín
Ancient Origins: El día del amor: los misteriosos orígenes de la festividad de San Valentín
Sobrehistoria: Historia de San Valentín ¿por que se celebra?
Wikipedia, a enciclopedia libre: Día da Candeloria
Ningún comentario:
Publicar un comentario