Que ocorrería se poidéramos diminuír o noso tamaño ata poder contemplar cos nosos propios ollos os seres e as cousas diminutas?
A
resposta a esta pregunta excita sempre a curiosidade humana: queremos
ver o que normal- mente non podemos ver. E como resulta imposible mudar de tamaño á vontade, inventamos aparellos que nos poidan axudar: lupas,
microscopios...
Con todo, a idea de facernos diminutos causa fascinación. Esta fascinación foi aproveitada para rodar películas como The incredible shrinking man (O incrible home minguante) do ano 1957, ou Fantastic Voyage (Viaxe alucinante) do ano 1966. Nos dous casos, a narración fílmica precisou da realización de efectos especiais para darlle verosimilitude a sucesos que non poderían ter lugar na realidade. Hoxe en día os efectos especiais son substituídos por simulacións informáticas. E é de simulacións informáticas do que queremos falar...
Queres facer unha viaxe ao microcosmos, ao mundo do infinitamente pequeno, chegando incluso ao nivel atómico? Pois prepárate, porque o Ministerio de Educación e Investigación de Alemaña puxo a disposición de todo o mundo unha web na que ofrece tres viaxes virtuais que parten desde o que vemos a simple vista e chegan até o nivel atómico. Podes escoller: os efectos da picadura dun mosquito no sistema circulatorio humano, os faros dun automóbil ou o interior dun computador portátil. E desde aquí, ofrecémosche o enlace en castelán: Nanoreisen.de.
Pica nel e apreta o cinto de seguridade: non diminuirás de tamaño, pero a viaxe será igualmente fascinante.

Ningún comentario:
Publicar un comentario