Que ocorrería se poidéramos diminuír o noso tamaño ata poder contemplar cos nosos propios ollos os seres e as cousas diminutas?
A
resposta a esta pregunta excita sempre a curiosidade humana: queremos
ver o que normal- mente non podemos ver. E como resulta imposible mudar de tamaño á vontade, inventamos aparellos que nos poidan axudar: lupas,
microscopios...
Con todo, a idea de facernos diminutos causa fascinación. Esta fascinación foi aproveitada para rodar películas como
The incredible shrinking man (
O incrible home minguante) do ano 1957, ou
Fantastic Voyage
(
Viaxe alucinante) do ano 1966. Nos dous casos, a narración fílmica
precisou da realización de efectos especiais para darlle verosimilitude a
sucesos que non poderían ter lugar na realidade. Hoxe en día os efectos especiais son substituídos
por simulacións informáticas. E é de
simulacións informáticas do que
queremos falar...
Queres facer unha viaxe ao microcosmos, ao mundo do infinitamente pequeno, chegando
incluso ao nivel atómico? Pois prepárate, porque o Ministerio de
Educación e Investigación de Alemaña puxo a disposición de todo o mundo
unha web na que ofrece tres viaxes virtuais que parten desde o que vemos
a simple vista e chegan até o nivel atómico. Podes escoller: os efectos
da picadura dun mosquito no sistema circulatorio humano, os faros dun
automóbil ou o interior dun computador portátil. E desde aquí,
ofrecémosche o enlace en castelán:
Nanoreisen.de.
Pica nel e apreta o cinto de seguridade: non diminuirás de tamaño, pero a viaxe será igualmente fascinante.