28 de novembro de 2016

Ata aquí chegamos... (Arrival)!

Estase a proxectar nos cines a película Arrival (La llegada) dirixida por Denis Villeneuve.
Narra a chegada á Terra de extrañas naves extraterrestres. As autoridades militares deciden contratar a unha experta profesora de lingüística para tratar de comunicarse cos seres alieníxenas, pois é preciso saber se veñen ou non en son de paz. Mais a nosa intención aquí non é desvelar a trama da historia, senón difundir unha curiosidade de moito interese para nós: ao comezo da película, a profesora explica ao seu alumnado onde e cando se orixinou a lingua portuguesa. Podes velo aquí, na versión en castelán e subtitulado en portugués:


Que tal? Non é curioso este dato nun filme de nacionalidade estadounidense?

Para acabar de satisfacer as nosas ansias de saber, mencionar que esta película está baseada no libro  The Story of Your Life, de Ted Chiang, do que non hai versión en español, gañador do premio Sturgeon no ano 1999 e do premio Nebula no ano 2000 á mellor novela curta.

E é que as boas historias nacen nos libros...!

Ningún comentario: