5 de decembro de 2016

Master Class con Agustín Fernández Paz e Xabier P. Docampo

Agustín Fernández Paz

En febreiro do ano 2014 tivemos a honra no noso instituto de poder realizar unha moi amigable conversa entre o noso alumnado e os escritores Agustín Fernández Paz e Xabier P. Docampo. Unha xornada memorable na que poidemos comprobar, e sobre todo os mozos e as mozas, que os bos escritores son xente achegada, con moita humanidade e unha boa dose de sentido do humor.
Como lembranza, estas afables persoas deixáronnos unha xornada agradable, unha pequena árbore plantada no noso patio (que medrará) e un sinfín de libros asinados e adicados, que bastantes dos nosos alumnos levaron para as súas casas e agora alí estarán, ocupando un pequeno espazo dun andel.
Agustín Fernández Paz finou no mes de xullo do ano 2016, deixando orfos a unha chea de lectores e un inmenso baleiro no corazón de quen ben o quería. Por esta razón, en homenaxe e agradecemento, o Equipo de Normalización Lingüística en colaboración coa Biblioteca Escolar, tomaron a decisión de organizar un Trimestre de Autor a este gran escritor que, coma todos nós, algunha vez foi tamén alumno.

Benquerido Agustín,
unha vez máis, grazas!  
__________
Invitámoste a visitar o álbum fotográfico que elaboramos para lembrar a visita ao noso centro destes dous grandes escritores.

Ningún comentario: