Amosando publicacións coa etiqueta Visita de persoas ilustres. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Visita de persoas ilustres. Amosar todas as publicacións

2 de abril de 2019

Master-Class con Carlos Negro

O pasado mércores, día 27 de marzo, o alumnado de terceiro tivo a ben asistir no Salón de Actos a un encontro co escritor e poeta Carlos Negro, ao longo do cal este autor realizou unha aproximación á súa obra Penúltimas tencencias.

Os nosos alumnos e alumnas ían ben preparados, pois xa traballaran previamente os poemas, xa realizaran actividades gráficas baseadas neles e mesmo se animaron a producir versos propios. Algunha imaxe disto que vos dicimos pode verse se consultades a web do noso instituto.
Aquí, e para completar a información, só queremos inserir dous vídeos da alocución de Carlos Negro, como unha mostra do que as rapazas e os rapaces poideron escoitar e aprender:

  

25 de xaneiro de 2017

Master Class con Ana Alcolea para o alumnado de 3º

Se consultamos o dicionario para sabermos o significado da expresión Master Class, posiblemente atoparemos algo así como que Master é sinónimo de  Mestre ou Mestra. E que Mestre é quen destaca pola súa perfección no seu traballo ou no seu saber. Polo tanto, Master Class é unha clase impartida por unha persoa que destaca polo seu valor e o seu coñecemento sobre outros.
A autora, asinando exemplares da súa obra.

Un dos agasallos
Hoxe tivemos a honra de poder contar no noso instituto coa presenza de Ana Alcolea, quen tivo a ben manter unha charla-coloquio co noso alumnado de terceiro de ESO. Poidemos escoitar así, contado en primeira persoa, o proceso de creación e escritura  do seu libro La noche más oscura, que goza de éxito entre a mocidade.

Houbo tempo tamén para que as mozas e mozos poidesen satisfacer a súa curiosidade e formularlle preguntas. E despois de lle ser entregados dous agasallos en agradecemento pola  amabilidade de visitarnos, abriuse unha sesión de sinatura de libros para quen quixese conservar no seu unha adicatoria da autora.

 Moitísimas grazas, Ana!

__________
·Invitámoste a visitar o álbum fotográfico que elaboramos para lembrar a visita ao noso centro desta premiada escritora.
·E se tes moito interese, tamén podes  ler o seu blog: Al este del canal.

5 de decembro de 2016

Master Class con Agustín Fernández Paz e Xabier P. Docampo

Agustín Fernández Paz

En febreiro do ano 2014 tivemos a honra no noso instituto de poder realizar unha moi amigable conversa entre o noso alumnado e os escritores Agustín Fernández Paz e Xabier P. Docampo. Unha xornada memorable na que poidemos comprobar, e sobre todo os mozos e as mozas, que os bos escritores son xente achegada, con moita humanidade e unha boa dose de sentido do humor.
Como lembranza, estas afables persoas deixáronnos unha xornada agradable, unha pequena árbore plantada no noso patio (que medrará) e un sinfín de libros asinados e adicados, que bastantes dos nosos alumnos levaron para as súas casas e agora alí estarán, ocupando un pequeno espazo dun andel.
Agustín Fernández Paz finou no mes de xullo do ano 2016, deixando orfos a unha chea de lectores e un inmenso baleiro no corazón de quen ben o quería. Por esta razón, en homenaxe e agradecemento, o Equipo de Normalización Lingüística en colaboración coa Biblioteca Escolar, tomaron a decisión de organizar un Trimestre de Autor a este gran escritor que, coma todos nós, algunha vez foi tamén alumno.

Benquerido Agustín,
unha vez máis, grazas!  
__________
Invitámoste a visitar o álbum fotográfico que elaboramos para lembrar a visita ao noso centro destes dous grandes escritores.