Se consultamos o dicionario para sabermos o significado da expresión Master Class, posiblemente atoparemos algo así como que Master é sinónimo de Mestre ou Mestra. E que Mestre é quen destaca pola súa perfección no seu traballo ou no seu saber. Polo tanto, Master Class é unha clase impartida por unha persoa que destaca polo seu valor e o seu coñecemento sobre outros.
Hoxe tivemos a honra de poder contar no noso instituto coa presenza de Ana Alcolea, quen tivo a ben manter unha charla-coloquio co noso alumnado de terceiro de ESO. Poidemos escoitar así, contado en primeira persoa, o proceso de creación e escritura do seu libro La noche más oscura, que goza de éxito entre a mocidade.
Houbo tempo tamén para que as mozas e mozos poidesen satisfacer a súa curiosidade e formularlle preguntas. E despois de lle ser entregados dous agasallos en agradecemento pola amabilidade de visitarnos, abriuse unha sesión de sinatura de libros para quen quixese conservar no seu unha adicatoria da autora.
A autora, asinando exemplares da súa obra. |
Un dos agasallos |
Houbo tempo tamén para que as mozas e mozos poidesen satisfacer a súa curiosidade e formularlle preguntas. E despois de lle ser entregados dous agasallos en agradecemento pola amabilidade de visitarnos, abriuse unha sesión de sinatura de libros para quen quixese conservar no seu unha adicatoria da autora.
Moitísimas grazas, Ana!
__________
·Invitámoste a visitar o álbum fotográfico que elaboramos para lembrar a visita ao noso centro desta premiada escritora.·E se tes moito interese, tamén podes ler o seu blog: Al este del canal.
1 comentario:
Muchísimas gracias a todos vosotros. Un encuentro estupendo que no olvidaré. Abrazos.
Publicar un comentario