9 de novembro de 2016

Festa do Samaín

Parece ser que os pobos celtas celebraban o 31 de outubro como o día que sinalaba a fin do tempo das colleitas. Era a data considerada como o día de transición entre o verán e a estación sombría, o inverno.
Esta festa cadraba coa redución progresiva das horas de luz: nese día, os pobos celtas crían que  se diluía a fronteira entre os vivos e os mortos. Por esta razón os espíritos, tanto os benévolos como os malignos, podían regresar ao mundo.
Precisamente para espantar os espíritos malignos, era unha noite para vestirse con máscaras e traxes, ofrecer ofrendas aos defuntos e posiblemente colocar nos muros dos castros os cranios dos inimigos vencidos   e iluminalos con velas. Era a noite de Samaín, a festa na que os mortos se reúnen cos vivos.
Co motivo desta celebración, a Biblioteca Escolar realizou unha selección de libros que nos axuden a contactar con ese outro mundo, e organizou con eles unha pequena mostra na entrada do noso instituto.

A ver quen se atreve a ler!
__________

Consulta con detalle a nosa selección de libros.

3 comentarios:

Carlos dixo...

Moitas grazas polas vosas suxestións con respecto á listaxe de obras que nos fornecedes.

Unha curiosidade, hai posibilidade de revoar "Paxaros na Cabeza"?

Un saúdo

Biblioteca IES de Oroso dixo...

Na actualidade non é posible facer que "Paxaros na Cabeza" poida levantar voo de novo. As razóns son técnicas, e esa tamén é a razón da creación de "Arca Alexandrina". Moitísimas grazas polo teu interese.

Carlos dixo...

Daquela seguirémosvos na "Rede".