Amosando publicacións coa etiqueta Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Amosar todas as publicacións

25 de novembro de 2018

No tempo das Bolboretas

Hai agora dous anos, publicabamos unha entrada para explicar por que o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller se celebra o 25 de novembro.
O feito é que nesa data do ano 1960 foron asasinadas as irmás Mirabal, coñecidas como As bolboretas, por seren disidentes políticas na ditadura do presidente Trujillo, na República Dominicana.
Os feitos foron recreados nun filme que leva por título "No tempo das bolboretas" e que inserimos a continuación:


30 de novembro de 2017

A Televisión de Galicia visita o IES de Oroso

O pasado día 24 de novembro, tivemos a honra de recibir a visita da TVG. O motivo era a celebración do Dia Internacional pola eliminación da violencia contra a muller nos centros educativos.
A pequena reportaxe foi emitida no Telexornal Mediodía do mesmo día 24, e foi subido á web nos días posteriores acompañado do seguinte texto:
"Nos centros de secundaria din que a concienciación contra a violencia machista xa non é algo que se trate só con accións simbólicas dun Día... 'O das máscaras representa como as mulleres temos que calar... Simboliza a submisión', din dúas alumnas do IES de Oroso.
"Alumnos e alumnas recoñecen que a formación en igualdade e contra a violencia machista forma parte dos seus contidos escolares, cada vez máis fóra da área de orientación e titorías e máis vinculados co resto das materias. De portas para dentro do centro senten que as relacións xa son moi igualitarias, pero portas para fóra din que aínda queda moito por facer... 'Cando tomamos a iniciativa somos máis xulgadas', 'Os homes van máis soltos... mentres que se nós facemos o mesmo discrimínannos e dinnos que somos 'unhas...', contan as alumnas.
" 'Eu creo que imos cara adiante, pero é un proceso lento e longo', conclúe un alumno do mesmo Instituto de Oroso."
  Podes ver a a reportaxe completa picando aquí.
__________
Fonte das imaxes: TVG

25 de novembro de 2016

Por que o 25 de novembro é o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller?

Patria, Dedé e Minerva Mirabal
Desde o ano 1981, en Amé- rica Latina con- memórase ca- da 25 de no- vembro o Día contra a vio- lencia de xéne- ro, lembrando ás dominicanas Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, tres irmás asasinadas o 25 de novembro de 1960 por orde do dictador Rafael Leónidas Trujillo, do cal eran opositoras. En 1999, a ONU sumouse á xornada reivindicativa e declarou cada 25 de novembro Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, en honor ás irmás Mirabal.

Para a celebración deste 25 de novembro, varios departamentos do IES de Oroso realizaron diversas actividades co noso alumnado e decoraron as paredes da entrada cos diferentes materiais elaborados.
A Biblioteca escolar, pola súa parte, contribuíu coa elaboración dun enorme cartel no que se expresa o horror que supón a violencia contra a muller por medio dunha versión da obra de Edvard Munch El grito.

Visita o noso centro, e tamén a Biblioteca, se queres gozar de todo isto a tamaño natural!
(E se non nos podes visitar, sempre podes ver un grupo de fotos na web do noso instituto).

_______
Fonte da fotografía das irmás Mirabal: diario El País.