A pequena reportaxe foi emitida no
Telexornal Mediodía do mesmo día 24, e foi subido á web nos días posteriores acompañado do seguinte texto:
"Nos centros de secundaria din que a concienciación contra a violencia
machista xa non é algo que se trate só con accións simbólicas dun Día... 'O das máscaras representa como as mulleres temos que calar...
Simboliza a submisión', din dúas alumnas do IES de Oroso.
"Alumnos e alumnas recoñecen que a formación en igualdade e contra a
violencia machista forma parte dos seus contidos escolares, cada vez
máis fóra da área de orientación e titorías e máis vinculados co resto
das materias. De portas para dentro do centro senten que as relacións xa
son moi igualitarias, pero portas para fóra din que aínda queda moito
por facer... 'Cando tomamos a iniciativa somos máis xulgadas', 'Os homes
van máis soltos... mentres que se nós facemos o mesmo discrimínannos e dinnos que somos 'unhas...', contan as
alumnas.
" 'Eu creo que imos cara adiante, pero é un proceso lento e longo', conclúe un alumno do mesmo Instituto de Oroso."

Podes ver a a reportaxe completa picando
aquí.
__________
Fonte das imaxes: TVG
Ningún comentario:
Publicar un comentario